Retos para a cultura nun tempo de crise

Autores

  • Ramón Villares Consello da Cultura Galega

Resumo

Será necesario facer mudanzas en tempos de crise, tribulación e dificultades? En contra do prescrito na máxima ignaciana, penso que é tempo de acometer propostas de transformacións e cambios para facer fronte ao escenario esmagado polas desfeitas do capitalismo financeiro especulativo e ás súas inevitables derivas sociais e culturais. Os efectos da recesión alcanzan a todos os sectores productivos, tamén ás industrias culturais e ás factorías da comunicación e da información, referentes imprescindibles en todas as sociedades e moito máis na actual, fondamente caracterizada polo fluxo vertixinoso das comunicacións. A sociedade-rede, os espazos da creación e da expresión cultural deberían ser quen de ofreceren estratexias partilladas e alternativas, tamén económicas, nun tempo de xeral e pesimista desacougo. A cultura como alternativa, no canto de ser pensada como un refuxio saudoso.

Downloads

Publicado

2020-01-22

Edição

Secção

Dossier Cultura