Sobre a revista

ÁMBITO

Área científica:

Artigos científicos inéditos que dean a coñecer os resultados de investigacións (teóricas e empíricas), así como recensiós, entrevistas e ensaios bibliográficos, con carácter multidisciplinar, de maneira que cubran unha diversidade de áreas disciplinares e sexan congruentes coas prioridades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Os autores dos traballos propostos deben pertencer a unha das Institucións de Ensino Superior ou Centros Tecnolóxicos situados na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Non obstante, son benvidos todos os aportes de autores que, non estando adscritos a esas institucións ou centros, traten temas explicitamente relacionados con investigacións ou problemáticas relevantes para o coñecemento da Eurorrexión GNP.

 

Público obxectivo:

DESTINATARIOS DIRECTOS:

Todos os axentes xeradores de coñecemento na e da Eurorrexión GNP serán os principais destinatarios desta revista dixital, podendo acceder á publicación dos seus artigos, nomeadamente:

  • a) Autores de artigos científicos inéditos elaborados conxuntamente entre investigadores galegos e do Norte de Portugal, tanto no marco das Estancias de Investigación apoiadas polo programa IACOBUS en convocatorias anteriores como noutras colaboracións eurorrexionais;
  • b) Autores de artigos inéditos (portugueses, galegos ou doutra orixe) que, aínda que non producidos en colaboración eurorrexional, aborden claramente temáticas ou problemáticas no ámbito da Eurorrexión GNP e cumpran os máis altos criterios de calidade científica internacional.

 

DESTINATARIOS INDIRECTOS:

Todos os axentes do Ecosistema Eurorrexional de Coñecemento e Innovación GNP serán tamén destinatarios dos resultados desta revista dixital, podendo acceder ao contido dos artigos publicados, incluíndo:

  • Docentes, investigadores e estudantes das IES e Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión GNP;
  • Representantes empresariais que terán acceso á investigación realizada en Galicia e no Norte de Portugal, fomentando a transferencia de coñecemento;
  • Administracións públicas que poderán coñecer mellor a realidade do sistema eurorrexional de I+D+i, permitindo responder ás súas necesidades e desenvolver respostas máis eficientes aos desafíos sociais, económicos e ambientais.

 

Obxectivos:

O principal obxectivo da primeira revista científica eurorrexional é dar a coñecer os resultados de investigacións, estudos e contribucións ao coñecemento xerado na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A través da cooperación entre núcleos de investigación, destácase o traballo colaborativo que dinamiza e valoriza a cooperación institucional, académica-tecnolóxica e empresarial, potenciando a difusión, transferencia e impacto internacional do coñecemento nesta Área de Cooperación (GNP), promovendo oportunidades de colaboración entre institucións eurorrexionais.

 

Periodicidade: semestral (marzo e setembro de 2026)

 

Proceso de revisión científica:

A equipa editorial reserva o dereito de publicar ou non os manuscritos recibidos (artigos, ensaios teóricos, recensiós) e comprométese a informar os autores sobre a decisión. A selección inicia cunha pré-revisión formal e temática pola equipa editorial e/ou editores convidados. Se aprobado, o artigo pasa á revisión por revisores independentes escollidos polos editores segundo o tema do artigo; en caso de pareceres divergentes, enviarase a un terceiro revisor.

Os revisores reciben un formulario de soporte á revisión cega por pares. Os pareceres poden recomendar aceptación, rexeitamento ou modificacións; só os artigos aprobados ao final do proceso son considerados para publicación.

Os autores reciben os pareceres de forma anónima e deben enviar a versión revisada, sinalando cambios ou anexando informe de modificacións. A revisión final polos editores garante corrección gramatical, ortográfica e formal antes da publicación.

A decisión final de publicación corresponde á Dirección da revista, baseada nos pareceres dos avaliadores e nos criterios establecidos pola equipa editorial.

 

Política de acceso aberto:

A revista ofrece acceso aberto inmediato a todos os seus contidos, seguindo o principio de dispoñibilización gratuíta do coñecemento científico. O acceso para os autores que desexen publicar tamén é libre e gratuito, sen taxas de envío, procesamento ou publicación.

 

Dereitos de autor:

Os autores manteñen os dereitos de autor e conceden á revista o dereito de primeira publicación. Os artigos están licenciados baixo Creative Commons Attribution License, permitindo compartir o traballo recoñecendo autoría e publicación inicial na revista. Os autores poden dispoñer da versión publicada en repositorios institucionais ou outras plataformas académicas.

 

Financiamento:

O IACOBUS Journal é financiado polo proxecto 0030_RED_IACOBUS_1_E, cofinanciado polo FEDER no marco do programa Interreg VI A España–Portugal (POCTEP) 2021-2027.