Alexandre Rodríguez Guerra (Ed.) "Lingüística histórica e dialectoloxía: coordenadas do cambio lingüístico. Vigo: Universidade de Vigo-Servizo de Publicatión, 2016, 330 PP.
DOI:
https://doi.org/10.21814/diacritica.5151Keywords:
Alexandre Rodríguez GuerraAbstract
Tal como indica no seu “Limiar” o profesor Alexandre Rodríguez Guerra, da Universidade de Vigo, o presente traballo vén na esteira doutras compilacións recentes que indagan sobre a dimensión diacrónica ou histórica da lingua (e non só), apuntando á vitalidade dos campos de estudo que foca o título do libro se temos en conta ovolume da produción científica que nese ámbito se insire. O preparador do volume, ademais de destacar a excelencia, termo neste caso nada protocolario, dos traballos incluidos, realiza unha presentación de cada un dos contributos que aparecen organizados tematicamente en cinco capítulos, recollendo as referencias bibliográficas no apartado final, “Bibliografía”, que pecha o traballo. Xa da lectura deste prólogo do editor, se desprende que se trata dun volume denso e extenso, polo que a seguir realizaremos un percurso que tente dar conta da riqueza e variedade dos artigos incluídos na publicación.
Downloads
Published
How to Cite
Issue
Section
License
Copyright (c) 2023 Pedro Dono López

This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial 4.0 International License.